Limiar

No tratamento dos personaxes que pintou Castelao, desde os nenos e as mulleres ata os homes e os vellos, sen excluír os animais, respetou sempre a delicada arte dos matices. El sabía que entre a bondade absoluta e a maldade sen límites, ou entre a intelixencia máis pura e a idiocia máis simple, se extendía a rica gradación de cores que lle otorga a súa variedade esencial á condición humana. Por iso, para Castelao non existe o home en abstracto, coa súa falsa polarización arredor dos extremos do arco, senón que existen os homes.

Fixo, sen embargo, unha excepcion; o cacique. Con este exemplar espeso da fauna política galega, Castelao obrou dun xeito deliberadamente parcial, sen contemplacións para os matices. O cacique representa un absoluto: simboliza o mal, a corrupción política, a degradación da vontade popular, a manipulación interesada da libertade dos demais… Son cousas demasiado graves para deixalas diluídas na delicadeza duns distingos improcedentes. Despois de todo, os caciques non merecen outra cousa.

Deixe uma resposta

O seu endereço de email não será publicado. Campos obrigatórios marcados com *